Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

¡Qué Vergoña!

A S.D. Castroverde foi asoballada por un dos derradeiros clasificados na tarde do sábado tras caer por sete goles a un. A primeira metade comezou con maior dominio visitante que sobre todo pola banda esquerda chegaba con bastante facilidade, pero os centros que...

O Barça Pasou por Castroverde

A S.D. Castroverde saiu derrotada na tarde do domingo, perante o Escairón, por cinco tantos a un, nun encontro que non tivo ningunha historia xa que ós dez segundos de partido os visitantes adiantábanse no taboleiro e no minuto quince de partido xa ían gañando por...

Morreron coas Botas Postas

A S.D. Castroverde perdeu perante o Brollón por catro goles a un nun encontro moito máis disputado do que reflicte o marcador final. Comezaron as cousas moi ben para os visitantes xa que no minuto cinco, Richard ve o arqueiro adiantado e dende corenta metros báteo...

Derrota in Extremis

Partido igualadísimo disputado na tarde do domingo na Veiga do Olmo, cun calor abafante e dominio alterno. Saíron ambos equipos con ideas claras. O Castroverde replegado, intentando ter o balón e a superioridade no medio campo, e o Chantada B intentado saír con balóns...

Saboreando por fin a Vitoria

A S.D. Castroverde acadou a primeira vitoria da tempada tras derrotar ó Palas por tres goles a un nun soporífero encontro disputado na tarde do sábado baixo unha calor abafante. Comezou o encontro con dominio alterno aínda que quizais con maior posesión da bola por...

A Primeira Vitoria Resístese

O Castroverde caeu derrotado polo San Roque na noite do sábado por tres goles a un. Os locais levaron o peso do encontro dende o primeiro minuto, pero durante a primeira metade os visitantes defendéronse moi ordeadamente e non permitiron ocasións de gol, e ademais á...