Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Chegaba o Castroverde ó Castro Seoane cos deberes feitos, ca intención de desfrutar do último partido de liga e deixar a portería a 0 para ser o equipo menos goleado. 

As reducidas dimensións do terreo de xogo facían que o equipo local dominara o xogo. Ata en 2 ocasións se puideron poñer por diante, na primeira cun disparo que sae pegado ó poste e noutra ocasións que desbarata Rois. Para facer bo o dito de «quen perdoa pagao» o Castroverde púxose por diante cun fermoso gol de Gelo, logo dunha boa xogada persoal de Antonio. Co 0-1 chegábase ó descanso. 

A volta dos vestiarios a tónica do partido era a mesma, un Antas que tentaba levar o control do balón pero que non era capaz de facer dano. No minuto 72 Diego saca un corner que remata mordido Antón, o balón chegalle ós pes a Michel e anota o 0-2. Cinco minutos máis tarde Antonio fai o 0-3 logo dunha boa asistencia de Manu López. Non habería máis goles ata o remate do encontro.

Con este resultado acabamos a liga con 58 puntos, 4 máis que Portomarín e Monterroso B. Agora temos unhas semanas de descanso ata que comece a Copa Diputación.