Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde perdeu perante o Brollón por catro goles a un nun encontro moito máis disputado do que reflicte o marcador final.

Comezaron as cousas moi ben para os visitantes xa que no minuto cinco, Richard ve o arqueiro adiantado e dende corenta metros báteo cunha fermosa vaselina. O tanto visitante fixo que os locais despertaran e nuns vinte minutos espectaculares déronlle a volta ó marcador con tres tantos perante un Castroverde que non era quen de frear a avalancha que se lle viña enriba.

Con tres a un se chegaba ó entretempo cun cadro visitante totalmente borrado do mapa e con moi malas expectativas para a segunda metade, pero sorpresivamente o segundo tempo mudou por compreto, o Castroverde lanzouse ó ataque e encerrou na súa área ó Brollón, pero como case sempre as ocasións que creaba non foron aproveitadas e así finalmente nos derradeiros minutos de encontro os locais puñan o cuarto tanto no taboleiro logo de acadar un penalti despois dunha contra.

Así remataba o encontro cun resultado bastante enganoso xa que houbo unha parte para cada equipo pero na que os locais marcaron a diferenza na efectividade ó rematar á porta.

LIGA FANTÁSTICA

MVP……………..MANUEL 3 PUNTOS.

IMPRESCINDIBLE……ANTOÑITO 2 PUNTOS.

CUMPRIDOR………..RICHARD 1 PUNTO.