Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Partido igualadísimo disputado na tarde do domingo na Veiga do Olmo, cun calor abafante e dominio alterno.

Saíron ambos equipos con ideas claras. O Castroverde replegado, intentando ter o balón e a superioridade no medio campo, e o Chantada B intentado saír con balóns diagonais á espalda da defensa, ben defendidos, ata que no minuto 11, un destes pases se lle escapa ó porteiro local deixando en franquicia ó extremo para que o equipo visitante se adiantara. Con este gol, o Chatada B atopouse máis cómodo, e dominaron a un Castroverde sin presencia. Aínda así, nun despexe en largo de Juan desde o seu campo o Castroverde consegue a igualada.

Na segunda, un Castroverde máis ambicioso, tivo as ocasións máis claras, tanto nas botas de Gelo coma de Carlos, moi activo nesta segunda metade. A máis clara a pouco do final, onde é obxecto de falta dentro da área, recuperándose, que se resolve cunha grande intervención do gardamallas visitante. No posterior saque e contra, os visitantes acadan o gol da vitoria, a pesar de contar con só dez xogadores, despois dunha agresión a Iago, e ante a que o arqueiro local pouco puido facer.

Un resultado inxusto polo visto no campo, que se puido decidir cara calquera dos lados, e no que o resultado máis xusto sería o empate.

Toca pensar no seguinte rival, o Brollón, segundo da segunda.

Valoración MVP

3 puntos — Carlos

2 puntos — Albino

1 punto —- Marcos