Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde saiu derrotada na tarde do domingo, perante o Escairón, por cinco tantos a un, nun encontro que non tivo ningunha historia xa que ós dez segundos de partido os visitantes adiantábanse no taboleiro e no minuto quince de partido xa ían gañando por cero a tres.

A partir do terceiro tanto do Escairón, éstes baixaron un pouco o pistón e permitiron que os locais puideran tocar un pouco o balón e mesmo recurtaran distanzas por medio de Manuel. Co resultado de tres a un chegábase ó entretempo.

Na segunda metade máis do mesmo, o Escairón mudou a súa disposición no campo e comezaron a presionar ó equipo local na súa propia área, esto supuxo que o Castroverde non fora quen nin tan sequera de cruza-lo medio campo, namentras que os forasteiros, cun xogo a base de toques rápidos e precisos asobaiaron ó seu rival e obtiveron dous tantos máis aínda que puideron ser moitos máis.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P…………..3 PUNTOS MANUEL.

O IMPRESCINDIBLE…..2 PUNTOS MANUEL.

O REGULAR…………1 PUNTO MANUEL.