SD Castroverde

A SD deixase dous puntos en Laxosa

O Castroverde empata no Municipal de Laxosa nun partido con moita polémica arbitral. Comezaba o partido sen un dominador claro, o Laxosa estaba máis cómodo no campo con continuos balóns longos, a pesar disto non conseguían crear ocasións de perigo. Sería no minuto 26 cando se adiantarían no marcador cun gol en clarísimo fora de xogo, acción que viron todas as persoas que estaban no campo agás o colexiado. Na seguinte xogada conseguía empatar Gelo, logo dun rápida xogada de saque de centro. Antes de chegar o descanso o Laxosa volvería poñerse por diante no marcador, o rexeite dunha falta lateral chegaba ó borde da área, onde un xogador local remataba a portería, o balón rebotaba nun defensor modificando a súa traxectoria e facendo imposible a estirada de Rois. Co 2-1 chegábase o descanso. 

Na segunda parte o Castroverde saíu concienciado de darlle a volta o marcador, ós 3 minutos Gelo poñía o empate cun lanzamento dende fora da área. Os visitantes non se conformaron e foron polo terceiro que chegaría no minuto 65 logo dun lanzamento de falta. Co 2-3 no marcador o Castroverde puido aumentar a súa vantaxe con ocasións de Gelo, Manu, Antonio e Marcos Gemelo. Finalmente sería o Laxosa quen no minuto 97 conseguiría o empate. Con este resultado e despois da xornada de descanso caemos a segunda posición, 4 por debaixo do Monterroso B e 3 por encima do Portomarín. Ambos equipos contan cun partido máis.

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8