Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Un terreo de xogo de dimensións reducidas e numerosas baixas por parte do Castroverde facían presaxiar un partido complicado. Comezaba o partido e xa se podía ver cal sería a tónica dominante do mesmo. Dous equipos ben pechados e buscando balóns longos para intentar sorprender. Chegaríase o descanso sen ocasións para o Castroverde e con unha para o Incio que consegue atallar Rois nunha magnífica estirada. 

Á volta dos vestiarios o Castroverde foi mellor, en dúas ocasións puido adiantarse por medio de Manu e Richard, pero o balón non quixo entrar e o marcador non se movería. O perigo do equipo local chegaba a balón parado. Deste xeito a dous minutos do final, Samuel remata un saque de esquina e obriga a Rois a facer unha parada de mérito.

Con este empate e logo da vitoria do Portomarín en Monterroso, seguimos na terceira posición a 4 puntos do Portomarín e a 5 do Monterroso que é o líder. Seguimos dependendo de nós mesmo para alcanzar os postos de ascenso directo.