SD Castroverde

Entrevista a Javi

Toda defensa ten que ter un líder, un xogador referencia o cal lle aporte tranquilidade e seguridade os seus compañeiros, este é Javier Otero Varela “Javi”, o xogador referencia na zaga verdiblanca. Un seguro para os porteiros, un aliado para os mediocentros e un pesadelo para os atacantes rivais, así é Javi. Xogo aéreo, contundencia defensiva, bo trato de balón, seguridade e compromiso son algúns dos adxectivos cos que poderíamos definir a todo un referente no pasado, no presente e no futuro da S.D.Castroverde. 

 

- Cal foi o mellor partido desta temporada?

Para min o mellor foi o de Rio Sil pola intensidade que se xogou e encima gañamos.

 

- Cal foi o equipo que máis che gustou?

O Incio, moi ordenados durante todo o partido. Defensivamente estaban ben colocado e seguros.

 

- Hai moita diferenza entre a segunda e a terceira?

Moita, non tanto a nivel de xogadores que hai equipos con bos xogadores pero a segunda é máis intensa.

 

- Cales son os mellores momentos vividos no Castroverde?

Cando gañamos a Copa deputación e cando conseguimos o ascenso a segunda rexional.

 

- Que obxectivos persoais te marcas esta temporada?

Aportar o máximo en cada partido para conseguir o ascenso.

 

 

O máis simpatico: Dani

 

O máis formal: Jesús

 

O que me levaría de cañas: Richard

 

O máis bromista: Diego

 

O líder: Marcos Gemelo