Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

 

Un partido clave para os dous conxuntos era o que se presentaba na veiga do Olmo entre o Castroverde e o Oural. O equipo local necesitaba os puntos para achegarse o obxectivo do ascenso, e o Oural para chegar con opcions a última xornada deste emocionante final de liga.

 

Saíron os dous conxuntos moi metidos no partido, coa intensidade prevista para un duelo entre o segundo e o quinto clasificado, separados por tan só dous postos e seis puntos. Os dez minutos o castroverde xa mandaba por 1 -0, gol de Marcos Veiga, e os 15 marcos de novo, fixo o segundo, e convertiuse no enésimo lesionado. Despois deses dous goles, o ritmo baixou e Oural intentou coller o dominio do xogo, pero o marcador non se moveu e chegouse o descanso.

 

Na segunda parte festival de goles, un total de catro, e o Oural desaparecido en combate. Agarbáse unha reacción do Oural, pero pouco fixo por achegarse a portería defendida por Marcos. Gelo fixo o 3 – 0 nunha boa xogada pola esquerda que culmina o primeiro pau. Albino de falta directa fixo o 3 – 0 de falta directa rasa e por debaixo da barreira. Tino fixo puxo a rúbrica con dous tantos máis, o primeiro recollendo o rexeite a disparo de Gelo, e o segundo a pase de Iván que define ante a saída do porteiro.

 

Un 6 – 0 xusto polos méritos de uns e outros, cun castroverde moi superior en tódalas líneas, que o convirten no segundo equipo que logra ascender ata a ansiada segunda autonómica do futbol provincial, da que non debeu descender.

 

Foi cara para o castroverde, e cruz para o Oural, que deberá agardar unha temporada máis para loitar polo ascenso, xunto con outros equipos coma Comercial, Friol, Antas…

A túa opinión gustanos! Pincha e comenta

Tamén podes debatir este e outros moitos temas no foro Verde .