Fundación

A historia do clube remóntase ao ano 1985 cando Avelino-Jose Pillado Paradela contacta co abogado Manuel Granareo para a constitución dos estatutos que rexirán o Clube. Naqueles anos, tanto Pol como Baleira tiñan o se equipo, e esa rivalidade fai que tamén comparecen xunto con Avelino, Manuel Fernández, Antonio Arrojo, Juan Carlos Carreira, Jesús Javier Valiño, Ovidio Figueiras, Abelardo Carballedo, Constantino Fernández e Manuel Fernández. Todos eles históricos fundadores da Sociedade Deportiva Castroverde. Pero non foi ata o 26 de xuño de 1987 cando accede a Federación Galega de Fútbol.

O Castroverde comezou a súa andaina pola 2ª Rexional (daquela non existía a actual 3ª Rexional). Esa primeira temporada (o primeiro partido de liga foi contra o Monterroso) chea de ilusión foi un éxito, xa que o equipo consigue no seu debut o ascenso á complicada 1ª Autonómica. Nos anos poteriores alternou os fracasos cos éxitos, sendo o máis importante o ascenso á sempre difícil rexional preferente, e chegando incluso a ser filial nesa campaña do Clube Deportivo Lugo.
Ese éxito foi o anticipo dos malos momentos vividos ata finais dos noventa onde se recupera o interese polo castroverde e o seu fútbol. Así compítese na liga de inverno, dúas temporadas máis na Liga da Terra Cha e finalmente pasar a federarse de novo na segunda rexional.

No 2003 un descenso traumático de moitos dos equipos participantes nesta segunda autonómica, entre os que se atopa a SD, implica a creación da Terceira Autonómica. Categoría que non abandonará ata o ano 2009, na que tamén se crea a web da sdcastroverde.com polos xogadores «Tacho» e “Rustu”.

Na actualidade o clube está a competir na Segunda Autónomica da Porvincia de Lugo ca axuda da directiva,especialmente de «Curuxo», «Albi», “Richi” “Tati” e “Tacho”, pero sen desmerecer a gran labor feita totalmente desinteresada do resto da directiva, dos socios e especialmente dos xogadores que compoñen a Sociedade Deportiva Castroverde.
Presentación do equipo o 21 de agosto 2000 contra o CF Polvorín. Partido amistoso na casa diante de casi 50 siareiros