Esta semana o entrevistado non é outro que o Luka Modric da Esedé, Iago Núñez. Esta é a súa 8ª temporada no club, no cal é unha das pezas fundamentais tanto dentro como fora do campo. A pasada temporada xogou todos os minutos da Liga, 2700 en 30 xornadas disputadas.
– Como ves o équipo neste inicio de competición?
Ben, 9 puntos de 9 posibles e para estar contentos, e máis vendo que o equipo e quen de reaccionar ainda que as cousas se poñan difíciles, posto que fumos capaces de darlle a volta a dous partidos en dous campos complicados, e na casa impuxémonos a un rival que vai estar nos postos altos da clasificación.
– Que obxectivos te marcas para este ano?
O obxectivo debe ser o de ascender, e a mellor forma sería celebralo tamén co titulo.
– Como afronta o equipo a xornada o partido contra o laxosa despois da xornada de descanso?
Con ganas de que chegue e esperando volver a sumar de 3 en 3 para seguir enganchados ahí arriba.
– Recordas algún partido con especial alegría?
Quizais o da consecución da permanencia en Monforte contra o Arenas fai uns cantos anos, por aquello de salvarte preto do final da liga.
– Que é o que máis che gusta do equipo?
O ambiente que temos no vestuario, que e sempre excelente, saian as cousas mellor ou peros, e a confianza que temos en nos mesmos como equipo.
O máis simpático: Tonci
O máis formal: Jesús
O que me levaría de cañas: Gelo
O máis bromista: Dani
Líder: Richi