Despois de 6 temporadas na S.D. Castroverde Daniel Novo Fernández «Dani», é un dos principais piares dentro do
vestiario da Esedé. Nativo de Castroverde, este lateral con amplo recorrido caracterízase polo seu carácter afable
e o seu compromiso co equipo.
– Como ves o equipo neste inicio de competición?
Vexo a todo o equipo con unha forte decisión e compromiso por acadar os obxectivos marcados.
– Que obxectivos te marcas para este ano?
Os mesmos que todos os anos, aportar o máximo ao equipo tanto dentro como fora do campo.
– Como afronta o equipo o próximo partido contra o Pradeda?
Igual que os dous anteriores, con moita seriedade e sabendo da importancia de seguir gañando.
– Recordas algún partido con especial alegría?
Saes en todos a desfrutalos e coa intención de gañar. Todos os partidos coa Esedé son especiais.
– Que é o que máis che gusta do equipo?
Sen dúbida o mellor do equipo é o bo ambiente que temos dentro do vestiario e a complicidade que temos.
O máis simpático? Tonci
O máis formal? Carlos Gemelo
O que me levaría de festa? Marcos Gemelo
O máis bromista? Pablo
O Líder? Richard