Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Moi pobre a actuación do equipo na visita ó líder da competición

Na primeira parte a SD non existiu. A defensa non daba feito contra o ataque local, e en ataque o único que existiu foron faltas lonxanas por parte de Bruno que nunca atoparon rematador. O becerreá marcaba o ritmo do partido, xogando como lles petaba, tocando atrás e buscando a velocidade polas bandas, que chegaban ó fondo e centraban con moito perigo. O primeiro gol foi así, e aínda que Aitor foi quen de rexeitar dous tiros, non puido evitalo. O segundo foi en xogada individual do interior esquerdo, que recibe no medio campo e se pasea ata a área regateando rivais e marca por baixo. Ó pouco un remate na área supuxo o tres a cero. E aínda faltaba o penalti claro, que rozou Aitor pero non conseguiu despexar. Catro a cero ó descanso, e puideron ser máis.

No segundo tempo o partido igualouse, e a SD tivo ocasións para marcar. Unha delas terminou na portería, nun remate de Gelo na área pequena logo dun rexeite. Pero pouco durou a ledicia, xa que na seguinte xogada sacan unha falta lonxana, e o dianteiro agarra e empurra ó defensa contra o balón, que rebota para dentro da portería ante a pasibidade do porteiro. Ahí terminou a remontada, e o resto do partido foi unha consecución de xogadas polos dous equipos, que xa non tiñan obxectivo ningún. Incluso a SD tivo un man a man clarísimo, pero non atinaron a marcar