A SD venceu ó Arenas na tarde do domingo, nun partido igualado que se decidiu nos momentos finales.
O primeiro tempo foi da SD, que levaba o perigo á meta visitante, aínda que faltaba precisión no remate final. Foi Carlos quen conseguiu regatear ó porteiro e marcar a porta vacía logo dun pase en profundidade de Ríchard. Pero ó pouco, o Arenas botou unha falta dende a esquerda que remata Fernando libre de marca no segundo pao. Pouco máis houbo nesta primeira parte, que permaneceu igualada e sen ocasións claras.
O segundo tempo comezou cun man a man dos visitantes que non souberon resolver. A partires dese momento, a SD fíxose co partido e trataba de xogar o balón e conseguir o gol. O Arenas só traía o perigo nos saques de falta, aínda que non conseguían inquedar ós locais. No 80, Guti nun centro pechado de exterior consegue batir por alto ó porteiro, subindo o segundo e definitivo gol ó marcador. Os últimos 10 minutos foron para os visitantes, que remataron unha falta ó pao, pero finalmente non acadaron o empate.
Na próxima xornada visita a Veiga do Olmo o Guntín, outro dos equipos da zona baixa.