Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

O Castroverde caeu por 2 a 1 no campo de As Gándaras perante o Sagrado Corazón, polo que se queda fóra da Copa Diputación

O partido comezou con boas sensacións, tendo as ocasións máis claras e no 25 Carlos consegue marcar. Pero no minuto 36 chegou a xogada que decidiu a eliminatoria: balón dividido por alto que atalla Marcos, pero o dianteiro choca con el que cae ó chan e perde o balón, que termina na portería. O árbitro concede o gol, sen ter en conta que o balón xa estaba na posesión do porteiro, e os xogadores protestan con razón a decisión. Entón expulsa a Carlos, que non o merecía, e amosa tamén algún cartón amarelo máis. Na seguinte xogada, falta de Ríchard que protesta e recibe tamén a vermella directa. Minuto 40, con 9 xogadores e 1-1 no marcador, todo en contra.

Na segunda parte o Castroverde fixo un bo partido, sen apuros atrás e creando ocasións, incluso dominando o xogo por momentos. Pero non conseguía marcar, e tivo que arriscar con 3 atrás. No 80 chegou o segundo gol, que non cambiaba as cousas. E así se chegou ó final, cos xogadores visitantes enfadados coa arbitrase e frustrados por telo tan cerca e non poder conseguilo.