Hoxe temos unha crónica especial: Edición Doble. Primeiro está a que fixo Tacho, e logo unha especial por Pichipichi, que se animou a vir como invitado especial esta xornada. ¡¡¡Que as disfrutedes!!!
Novas Ilusións – (Tacho)
A SD Castroverde conseguiu o sábado na xornada inaugural da temporada 2012-2013 a primeria victoria ante o San Roque no campo do Polvorín.
Esta primeira victoria chegou despois dunha primeira parte marcada polo baixo ritmo e sen apenas ocasións por parte de ambos equipos, agás unha por cada bando. A máis clara para os visitantes foi no último minuto da primeira, tras un pase en profundidad de richard a Carlos, que éste logo de salir do seu propio campo, chega sen forza e sen ideas, e o porteirio saca con acerto o man a man.
Na segunda, cun ritmo máis alto, e sen tanto calor, os cambios deron resultado e o castroverde dominou os locais con constantes aparicións de Gelo e Carlos polas bandas. A pesar dese dominio o San Roque conseguiu adiantarse nun despiste defensivo dos visitantes.Pero ese gol non minou a moral o castroverde que co terceiro regreso de Marcos Veiga o equipo da Veiga do Olmo, fixo posible a remontada con dous goles. O primeiro tras forzar un penalti no que o defensa debeu ser expulsado, e o segundo tras un gran roubo de richard que deixa en franquicia de novo a Marcos nun man a man co porteiro que confirmaba a remontada.
Partido aburrido na primeira, e máis aberto na segunda, con unha expulsión por cada bando, no que a SD foi merecedora da victoria, incluso por algún gol máis de diferencia.
MVP
3 puntos – Marcos Veiga
2 puntos – Richard
1 punto – Javier
Fdo. Tacho
O Castroverde Racha A Maldición – (Pichipichi)
A S.D. Castroverde comezou da mellor maneira posible a liga 2012-2013 de Segunda Rexional tras vencer por primeira vez na súa historia ó San Roque por un gol a dous. O resultado pode considerarse xusto polo visto no terreo de xogo, nun encontro típico da primeira xornada de liga onde ámbolos equipos amosaron a falla de compenetración e de forma física propia das alturas no que nos atopamos.
A primeira metade non tivo historia e foi moi aburrida, onde os dous pranteis se adicaron a mandar balóns en longo que en ningún intre puxeron en perigo a meta rival agás nunha ocasión por bando no que en ámbalas situacións o esférico acabou estrelándose no pau da meta.
A segunda metade foi distinta xa que os visitantes coa entrada de Gelo e Marcos melloraron no seu xogo e comezaron a xerar as primeiras ocasións de perigo pero sen tino, namentras que os locais non inquedaban apenas ata que nunha xogada aillada o dianteiro do San Roque recibiu nun craro fora de xogo unha bola e internouse no área dando o pase da morte a un compañeiro que fusilou ó arqueiro rival e puña de maneira inxusta en bantaxe ós locais e de novo parecía que a maldición voltaba a repetirse e o Castroverde non ía ser quen de gañar unha vez máis ó San Roque. Pero por sorte para os verdibrancos ós dous minutos de encaixa-lo gol Marcos recollía un pase dentro do área e quedaba man a man co arqueiro e cando ía rematar era derrubado polo derradeiro defensa local e colexiado sinalaba o penal pero para sorpresa de todos tan só lle amosaba cartón amarelo ó defensa cando era unha crara xogada de expulsión.
O penalti transformouno o propio Marcos e dende ese intre o Castroverde lanzouse pola vitoria e pouco despois nunha contra visitante Richard levábase probablemente coa man un balón no medio campo e servíalle en bandexa un pase de gol a Marcos que de novo non tivo atrancos para poñer o segundo gol no taboleiro e na súa conta.
Ata a fin o San Roque tentou reaccionar sobre tado en balóns parados colgados ó área pero o Castroverde resistiu ata a fin e así sumaban os tres primeiro puntos.
LIGA FANTÁSTICA
M.V.P…………..MARCOS VEIGA 3 PUNTOS
O IMPRESCINDIBLE……RICHARD 2 PUNTOS.
O CUMPRIDOR………..BRAIS 1 PUNTO.
Fdo. Pichipichi
2012-2013 |