A S.D. Castroverde e a S.G. Comercial empataron a cero goles nun entretido encontro disputado nunha soleada tarde de sábado, no que o marcador resultou enganoso, posto que ámbolos equipos dispuxeron de craras ocasións de gol, pero os arqueiros mostráronse moi atinados e naide acadou o gol.
O encontro caracterizouse pola presión que os dous equipos tiñan, xa que na táboa tan so os separaban dous puntos e unha vitoria era crave para achegarse á permanencia e comezou o cadro local dominando e tentando inaugura-lo marcador dispoñendo sobre todo dunha crara ocasión na que un primeiro lanzamento foi ben rexeitado por Marcos e o posterior rexeite salvouno na liña de gol Juan.
Os minutos pasaban e o cadro visitante comezou a estirar liñas e a chegar tamén á meta local, pero os nervos non lle permitían atinar a ningún dos dous equipos e así se chegou ó entretempo.
Na segunda metade o Castroverde saíu durmido e foron os mellores minutos da Comercial, que puxo cerco á meta de Marcos, pero os intentos de gol locais eran salvados in extremis pola defensa visitante que estaba a sufrir bastante.
A partir do minuto vinte, o encontro igualouse e o Castroverde comezou tamén a inquedar a meta visitante, incluíndo o arqueiro Marcos, que nun saque en longo sorprendeu ó meta local que a piques estivo de encaixar un gol de portería a portería.
O derradeiro cuarto de hora foi de infarto, os locais non se conformaban co empate e puxeron máis dianteiros, quedándo só con tres defensas; pero isto foi contraproducente para eles xa que a partir dese intre perderon a posesión de balón e comezaron a deixar moitos espazos en defensa que provocou que o Castroverde gozara de duas ou tres ocasións crarísimas que non foron quen de solventalas ata que se chegou ó final do encontro.