A SD Castroverde conseguiu apañar un punto na visita á SD Becerreá gracias ó traballo e á entrega dos seus xogadores.
Nos primeiros 30 minutos dominou o xogo, con boas combinaciós polo centro entre Marcos, Carlos e Richard, e con balóns profundos polas bandas de Albino e Gelo. As ocasións sucedíanse, pero non eran quen de resolver nos últimos metros. Finalmente, un balón pola banda esquerda chega a Carlos, que se mete na área e da o pase atrás para que o seu irmán Marcos remate a gol. Nos últimos minutos os locais fixéronse co balón e tentaron remontar, pero sen resultado.
Na segunda parte cambiaron as tornas, cun Becerreá disposto a remontar e que non deixou opción ó Castroverde, canso e desordenado. O peligro viña nos saques de esquina, con ventaxa de altura para os dianteiros, como se demostrou no remate ó fondo das mallas de Coedo. Lonxe de conformarse, o Becerreá seguiu insistindo ata que nunha xogada embarullada o dianteiro Pablo marcou un golazo pola escadra dende fóra da área que deixou ós visitantes cun palmo de narices. A partir de ahí, o partido converteuse nunha sucesión de ataques rápidos e imprecisos, co Becerreá xogando á contra e o Castroverde con tres defensas e os demáis arriba. Nunha das últimas xogadas en área visitante, Juan fai penalti sobre Raúl e é expulsado. O mesmo Raúl tira o penalti pero Marcos detén o balón que marcha fóra de banda. Saca o Becerreá, pero o Castroverde recupera e sae á contra, chega perante o porteiro que derruba ó dianteiro medio metro fóra da área. Falta e expulsión no 90. Toño dispara e o balón entra pola escadra, 2 – 2 en tempo de desconto e un punto que non serve de moito ós dous equipos.