Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

A S. D. Castroverde sucumbiu perante o líder da categoría a Residencia por un gol a tres nun emocionante encontro de fútbol disputado de poder a poder e no que non se notou a diferenza na clasificación entre ámbolos equipos.

Comezou o cadro local sorprendendo cunha aliñación con catro defensas e con Albino e Manuel de dianteiros na procura de balóns en longo, e así nos primeiros minutos Albino gozou da mellor ocasión local no encontro tras quedarse só diante do arqueiro visitante, pero iste estivo moi atento e logrou rexeita-lo esférico. O encontro estaba moi igualado coas defensas impoñéndose ós ataques e sen excesivas ocasións de gol, así chegouse ó entretempo sen que os dous gardamallas se tiveran que empregar en exceso, agás nun par de ocasións que solventaron correctamente.

No segundo tempo o xogo seguiu equilibrado co cadro local achegándose un pouco máis pero cunha Residencia que mostraba que á contra podía crear perigo. Así se chegou ó minuto vinte da segunda metade, cando tras unha falta lateral tirada ó área, tras un rexeite o balón caeulle ós pes ó dianteiro da Residencia que dende ó área pequena non perdoou e acadou o primeiro gol da tarde.

Os locais non se rendiron e cinco minutos despois tras unha indecisión no despexe entre a defensa e o arqueiro visitante, Gelo aproveitouno para rouba-la bola e face-lo tanto do empate. Ëste gol deu folgos os locais que parecía que podían acadar un resultado positivo perante o líder, pero dez minutos máis tarde a Residencia volvía a aproveitar un rexeite no pau local para face-lo segundo tanto e deixar tocados ós locais.

Co Castroverde xa sen folgos, os visitantes incrementaron a diferenza nos derradeiros minutos mediante unha falta direta lanzada maxistralmente e que puña fin ó encontro.