Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

A S.D. Castroverde saíu derrotada no seu primeiro partido do ano, perante o Monterroso por tres goles a cero.

Comezou o encontró con maior dominio local froito do cal, Richard tivo a súa primeira o portunidade, pero sen moito ángulo o seu disparo foise fora. A continuación Gelo gozou doutra nova oportunidade cun disparo cruzado dende dentro do área, pero que se foi rozando o longueiro; despois foi de novo Richard quen tivo unha boa oportunidade cun disparo dende a frontal, pero de novo o tiro foi moi elevado. Eran os mellores momentos do Castroverde que cun xogo combinativo desarbolaba a un dos favoritos ó ascenso, pero co problema de que estaba a perdoar en exceso.

Como se soe decir, quen perdoa págao e así lle ocurriu ó Castroverde, no minuto 35 un saque de banda en longo foi rematado no medio do área de cabeza por un dianteiro rival, acadando o primeiro gol da tarde. Éste gol fixo que os locais se viñeran abaixo e froito disto, minutos antes de chegar ó entretempo, os visitantes facían o segundo logo dun erro de marcaxe da defensa local que deixou a un xogador rival completamente só dentro do área.

A sorte estaba votada e o segundo tempo foi un querer e non poder; o Monterroso adueñouse da posesión de balón e non deu alternativa ninguna ó Castroverde, que pouco a pouco foi baixando os brazos e comezou a permitir oportunidades ós visitantes que polo momento non aproveitaban.

Así se chegou ós últimos minutos de encontró nos que o Monterroso acadou o definitivo tres a cero logo dunha mala saída do arqueiro local. Ademais, o Castroverde quedábase con dez xogadores por expulsión de Juan o que fixo que os derradeiros dez minutos sobraran e nos que o Monterroso non quixo  afondar na ferida e só se adicou a mante-la posesión da bola sen atacar en exceso.