Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Dolorosa derrota a sufrida polo Castroverde nunha chuviosa noite de sábado perante o Polvorín.

 

Comezou o encontro con dominio local e os visitantes na procura dunha contra, sen ocasiós saliantables ata que no minuto 20 un saque de esquina lanzado polos locais ó borde da área acabou cun xogador local desviando o lanzamento do seu compañeiro e enganando á defensa. A partir de ahí o Castroverde veuse un pouco abaixo e o Polvorín comezou a chegar con máis claridade ata que poucos minutos despois Román controlaba co peito un pase en longo e sen deixala caer conectaba unha espectacular volea que se coaba pola escrada.

 

Dende ese intre, os visitantes adiantaron liñas e comenzaron a atacar na procura de reducir distanzas e na derradeira ocasión do primeiro tempo, Juan controlaba un rexeite da defensa local no medio campo e dende ahí pegaba un globo que co aire collía dirección a portería e sorprendía a un adiantado arqueiro local.

 

No segundo tempo o Castroverde tentou acada-lo empate pero co risco que supuña as perigosas contras do Polvorín que conseguía aproveitar unha delas para poñe-lo 3-1 cun tiro raso axustado o pau esquerdo da meta do Castroverde. Dende ese intre o partido quedou sentenzado, o Castroverde baixou os brazos e os locais comezaon a xogar con máis comodidade e froito diso noutra contra un centro dende a banda esquerda era rematado en fora de xogo por un xogador local, feiito que produxo as airadas protestas dos visitantes traendo como consecuencia o cartón vermello para Juan.

 

Dende ahí ó final o Polvorín baixou o pistón para non acadar unha goleada maior pero aínda así unha falta de entendemento entre a defensa e o arqueiro fixo que Jorge metera un gol en propia meta que cerraba o encontro.