Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

Derrota pola mínima diante dun rival que está nunha racha moi boa de resultados, pero que non mereceu levarse o partido, cun gol a saque dunha falta lateral que Diego controla coa man e marca a placer.

 

O partido comezou con dominio claro local, con boas combinacions pola banda e perigosas chegadas, nas que nin Manel, nin Juan, in Iago, nin Richard  deron coa porta rival. Foron uns primeiros 20 minutos de dominio claro, sen efectividade. Tamén puido Pereira, o Gran Capitán, marcar de novo de falta, que rematou aínda que parecía o máis difícil, en corner. Pouco máis fixo o Castroverde moi cansado, no que onn houbo capacidade de contrarestar o futbol directo e romo dun rival afeito a ese xogo.

Na segundaDiego adiante os visitantes despois dunha falta lateral, que a defensa non acerta a despexar con contundencia e tras facer o control coa man marca a pracer. O partido ideal para un santa comba que pouco xogo fixo, para un premio tan grande. Pero tampouco o castroverde fixo moito, perdeu frescura, e faltaronlle ideas. A mellor xogada da segunda parte foi de Marcos, o gemelo, que se foi de toda a defensa visitante, e cando parecía que o balón entrara, unha mao prodixiosa do porteiro visitante, desbarata un máis que merecido empate.

Bon inicio de partido, pero moito a mellorar, sobre todo na segunda metade onde faltaron as forzas e faltaron as ocasions para igualar o marcador. Aínda así foi un resultado inxusto para os méritos que se viron na Veiga do Olmo. A última xornada de liga será diante do Arenas, nun partido no que se intentará escalar un posto máis na clasificación.