Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

O Castroverde sacou un empate ante a Residencia, nun partido disputado na Veiga Do Olmo, con moitos goles a pesar do estado do campo pola chuvia.

 

A primeira metade foi de dominio alterno con vinte minutos moi bos do castroverde. Aínda así foi a residencia a que se adiantou no primeiro minuto de xogo, logo dunha pérdida de balón no centro do campo. Tras este golpe Gelo empataba o partido despois dun pase de Marcos. A pesar deste dominio , de novo adiantese o equipo rival nun remate de cabeza. O castroverde non se conformou e foi a polo empate, e Juan desde a banda marcaba o golazo do partido. Pero outra vez máis non puido aguantar o marcador, e nun corner o primeiro pao volve a ter o marcador en contra.
Na segunda parte o ritmo baixou, e as ocasions tamén. Con todo, logrouse un traballado empate nun pase que Richard non desaproveita. A ocasión para levarse o partido foi co penalti a Juán, que albino tira fóra.

Bon patido, no que os error defensivo condenaron o equipo a un empate. Recuperaronse as sensacions e o gol, ante o próximo compromiso diante do Laxosa.