Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

COMUNICADO OFICIAL SD CASTROVERDE

A SD Castroverde, pola presente, quere ofrecer a súa versión dos feitos acaecidos no partido SD Castroverde – Relámpago de Taboada disputado no Campo da Veiga do Olmo o pasado 12/01/2019, e publicados no diario ‘El progreso’.

1. Xogada polémica, que denominaremos ‘cesión’.

O QUE CREEMOS: O colexiado di, antes de que o balón chegue a portería, ‘Se colle a bola é cesión’. Entendemos que é una xogada rápida, e que quizais faltou concentración no equipo visitante, pero a realidade está no terreo de xogo. O balón chegou o porteiro, e o colexiado seguindo o criterio previamente explicado en directo, pita cesión.

2. ‘Cesión’ repetida tres veces.

ROTUNDAMENTE FALSO: Repetiuse unha soa vez, xa que un xogador sae da barreira antes de que o noso toque o balón. Tampouco entramos a valorar se é correcto ou non este criterio do colexiado, pero foi o que sucedeu.

3. ‘Cesión’ que se repite ata acabar en gol

ROTUNDAMENTE FALSO: Como ben se di na nota de prensa, e segundo palabras do vicepresidente do Relámpago, prodúcese no minuto 60. O gol do Castroverde tal e como reflexa a acta foi no minuto 89.

4. ‘Esa jugada’ … provocou a expulsión con Vermella directa de Erik e Adrián

ROTUNDAMENTE FALSO: De novo nos remitimos a Acta do partido, e onde se pode ver que a Adrián o expulsa no 77 tras dicir: ‘Vuelve pitar , haber si ahora marcan gol’. A Erik o expulsan no 83 por: ‘Golpear a un adversario con el puño cerrado y de forma violenta en la cara a la altura del pomulo, estando el balón en juego. Pudiendole causar graves lesiones y dejando la marca en la cara del impacto.No se acompaña certificado médico.En ningún momento el jugador despues de causar la agresión se arrepiente ni se interesa por el estado del adversario. Teniendo que ser los jugadores quien lo separan.’
Ningún dos dous foi no 60, minuto da polémica cesión indicada polo Relámpago Taboada.

Link ACTA Partido: Clic Aquí

Por todo elo, queremos expresar enerxicamente o seguinte:

1. O noso máximo apoio a D. Iago Castro Peralta, o Comité Técnico de Árbitros e a Real Federación Galega de Fútbol xa que esta designación de ningún modo condicionou o resultado do partido disputado na Veiga do Olmo. A valía de D. Iago Castro Peralta refléxase no bo facer realizado estas últimas tempadas, feito que se ve avalado por arbitraxes en superiores categorías, premio logrado con esforzo e recompensado polo comité.

2. So vemos unha xogada onde o colexiado toma un criterio contrario aos intereses do Relámpago, pero nada máis. A xogada termina cunha boa defensa e sen nada a destacar. Por tanto, cremos esta polémica ‘estéril’.

3. Por útlimo e non menos relevante, queremos remarcar que a SD é un equipo de formación, con ata 6 xuvenís no seu plantel. Polo tanto, a nosa máis enérxica repulsa aos feito acontecidos na Veiga do Olmo. Sobre todo, ao comportamento dos xogadores expulsados e a do seu delegado (expulsado por dirixirse o colexiado nos seguintes términos: ‘eres un sinverguenza’). En nada favorecen a formación de valores que deben residir nun campo de fútbol. Observar como un dos seus xogadores agrede a un dos locais, debería facernos replantexar o ‘sentido’ do fútbol. Para nós e prioritario formar futbolistas e persoas.

Por tanto, así seguiremos, nesa liña, sen ter que ascender a ‘toda costa’. O fútbol é máis que un ascenso, sabémolo ben, temos unha longa historia. Por todo isto, repulsamos novamente estas actitudes nos campos de fútbol de calquera categoría.

¿Son estes os valores que queremos trasladar aos nosos afeccionados, xogadores, directivos e ao fútbol en xeral?

Reflexionemos todos, o fútbol é máis que unha vitoria ou unha derrota. Respectémonos!