No partido máis decisivo, penúltimo da tempada, a SD recibia o que foi dominador durante gran parte da liga, o Monterroso ‘B’. Un partido que se presumía tenso para os dous conxuntos, cumpríu a perfección co esperado.
Nunha veiga do olmo con gran ambiente, os visitantes conscientes da importancia do partido, comezaron dominando o xogo e metendo no seu campo o castroverde. Foron os primeiros 15, ata que a contra comeza a funcionar nos locais. Aínda que o dominio seguiu a ser maioritariamente visitante, sen ocasións claras, máis que faltas laterais botadas con pouca fortuna, o castroverde non se viña abaixo e tivo o primeiro da tarde nun duro disparo dende fóra da área de Gigan.
Pouco máis nunha primeira parte onde os nervios tiveron protagonismo para ambos conxuntos.
A volta dos vestiarios, o Castroverde seguí ben replegado, cun inmenso Javi (Rubio), pero co mesmo guión que na primeira. Aínda así, a falta de comunicación entre a defensa e Rois, puido costar o primeiro o castroverde, pero o dianteiro visitante algo escorado o borde da área pequena, cruzo en exceso. Reaccionou o mister local, Fran, co primeiro cambio, sacando do terreo a Richard e metendo máis pólvora arriba, con Manu López. Este cambio provocou que o castroverde perdera máis o centro do campo. O cambio surtiu efecto, e no 30 da segunda, un roubo en medio campo, leva a Gelo a internarse na área, e cando parecía que perdía o balón, un sutíl toque fai que o defensor o derribe e penalty que o árbitro Miguel Ángel Vilas Lorenzo non dubidou en sinalar. Transforma a pena máxima Gaby e 1-0.
Este gol fixo que os visitantes se viñeran un pouco abaixo e cambiaran o seu xogo a balóns directos a área. Esto aínda favoreceu máis o xogo da SD, que nos últimos 15 minutos dominou o encontro a placer. E foi Marcos Gemelo quen tras un regate empala perfectamente un balón dende 30 metros e conseigue o dous cero. Un aunténtico golazo para certificar a vistoria e o ascenso. Pouco máis partido houbo, para un Monterroso que dominou sen inquedar a meta local e comprobar a templanza de Rois.
Ascenso merecido dunha SD xa matemáticamente primeira do grupo Sur da terceira rexional, moi regular durante toda a campaña, a pesar das dúbidas, dous empates, en semanas anteriores. A segunda autonómica esperanos, e de seguro este equipo nos dará moitas máis alegrías nun futuro próximo.