Chegadao Rio Sil a Veiga do Olmo na cuarta posición, a seis puntos do Castroverde. Era un dos partidos máis difíciles do que queda de competición.
Arrancaba o encontro sen un dominador claro, xogo pouco fluído e ningunha ocasión, a dureza do equipo visitante facía presaxiar un partido complicado para os locais. Co partido sen dono chegábase o minuto 35, Gelo saca unha falta dende o carril do 7 e consegue o 1 -0 cun fermoso gol. Cinco minutos máis tarde, o propio Gelo canea a 3 rivais e logo de tirar fai se dano nunha man o que o obrigou a abandonar o encontro.
Comezaba a segunda metade e o Rio Sil saía polo partido, no minuto 3 conseguía o empate nun saque de esquina, logo dunha clara falta o noso porteiro que non sinala o árbitro. O Castroverde intentou volver a poñerse por diante e podería conseguilo por medio de Gabi, pero o porteiro visitante estivo máis atinado e evitou o 2-1. Logo disto o partido entraría nunha fase bronca que rematou con un expulsado para cada equipo e varios cartóns amarelos.
Con este empate perdemos a segunda posición, que agora ocupa o Portomarín, que nos saca dous puntos de vantaxe. Contamos con dous partidos menos que os nosos rivais polo que dependemos de nos mesmos para conseguir o tan ansiado ascenso. A vindeira semana visitamos o sempre difícil campo do Carboeiro, para medirnos ó Incio Terra Brava.