Chegaba o Castroverde ó campo do Gandarón sen gañar ningún partido como visitante no que vai de segunda volta. En fronte tiña un equipo que viña de remontar un 3-0 na anterior xornada, todo isto sumado as numerosas baixas que tiña o equipo verdiblanco facía presaxiar un partido complicado.
Comezaba o partido con dominio visitante, Carlos e Diego dominaban o medio do campo e Gabi desequilibraba na zona do 10. No minuto 13, Pablo recupera un balón en medio campo que acaba nos pes de Gabi, este non erra no un para un. Co paso dos minutos o dominio era maior pero sen ocasións claras, dous foras de xogo dubidosos sinalados a Richi e Gabi cando encaraban o porteiro facían que se chegara o descanso cunha vantaxe mínima para os visitantes.
Á volta dos vestiarios o Paradela adiantaba algo as liñas e deixaba máis espazos as súas costas. Deste modo Carlos recibe un balón as costas da defensa local e pon o 0-2 favorable o Castroverde. Poucos minutos máis tarde o colexiado sinala penalti a favor do Paradela que reduce distancias e dálle emoción ó partido. O equipo visitante non se veu abaixo, froito desta loita, Gabi rouballe un balón o porteiro visitante e a porta valeira pon o 1-3 definitivo.
Con este resultado seguimos na segunda posición a un punto do Monterroso B que é primeiro e empatados a puntos co Portomarín, que conta con 2 partidos máis. A vindeira semana visita a Veiga do Olmo o Rio Sil.