Na súa segunda tempada consecutiva na S.D. Castroverde, Manu Penado é un dos referentes da zaga verdibranca. Na súa primeira etapa, aínda en idade xuvenil, xa deixara boa mostra das súas cualidades. Un portento físico, velocidade, forza e caracter fan de Manu un dominador de todas as facetas do xogo. Sen dúbida é un dos xogadores con máis futuro do Castroverde. Un pesadelo para os dianteiros e un seguro para os porteiros.
1- Como afrotna o equipo o partido co Paradela?
O equipo aínda cos últimos resultados está máis unido que nunca e con ganas de dar o 200% en cada partido, non podemos relaxarnos.
2- Que partido gardas con especial recordo dende que estás no Castroverde?
A volta contra o Portomarín desta temporada en castroverde, era un partido contra un rival direto polo ascenso e que resulta bonito xogalo, foi un partido moi duro e disputado no que tivemos que loitar moitísimo para gañar.
3- Como definirías a SD?
Como unha familia, levámonos todos xenial e pasámolo moi ben xuntos tanto dentro como fora do campo, estamos todos para pasalo ben e queremos demostrar que temos equipo para gañarlle a calquera.
4- Cales son os partidos clave nas 8 xornadas que quedan?
Todos os partidos son clave, temos que pensar en gañar todo xa que os de arriba non va a fallar, sabemos que temos equipo para ascender e agora temos que demostrar que a temporada que fixemos non é casualidade.
5- Contabas estar a estas alturas en postos de ascenso directo?
A verdade é que si, xa foi o obxetivo que nos propuxemos ao comenzar a tempada, non é unha sorpresa estar arriba, é o froito do traballo do equipo enteiro e loitamos cada partido para poñer ao equipo onde merece.
1- O mái simpático: Gelo
2- O máis formal: Javi
3- O que me levaría de cañas: Dani
4- O máis bromista: Antón
5- O líder: Richi