Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Álbel López Paredes cumple a súa 5º temporada na S.D. Castroverde. Un xogador moi novo con unhas grandes condicións físicas. Velocidade, forza e contundencía son algúns dos adxetivos que mellor o definen. O seu forte disparo xunto coa súa facilidade para desmarcarse en velocidade fan del un dianteiro potente e con moita proxección.

 

1- Como pode afectar ó equipo o empate da pasada xornada?

Aféctanos negativamente, debido a mala arbitraxe deixamos de gañar 2 puntos máis. O equipo esforzouse ao máximo pero a sorte non estaba do noso lado.

 

2- Cales son os partidos clave nas 8 xornadas que quedan?

O partido clave destes 8 restantes son todos, posto que non debemos deixar ningún punto sen gañar, pero o máis importante vai ser contra o Monterroso B. Confiamos en que perdan algún e poñernos nós de líderes.

 

 3- Cal foi o equipo que máis che gustou?

O equipo que máis me gustou foi o Quiroga, xa que na casa pelexaron moito.

 

4- Como definirías a SD?

Definiría á SD coma un equipo completo e unido, merecemos estar arriba.

 

5- Contabas estar a estas alturas de competición en postos de ascenso directo?

 Contaba estar arriba dende o principio polo compromiso dos xogadores e porque xogábamos ao que queríamos.

 

1- O máis simpatico: Antón

 

2-: O máis formal: Javi

 

3- O que me levaría de cañas: Marcos Gemelo

 

4- O máis bromista: Dani

 

5- O líder: Richard