Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Na súa segunda etapa na S.D. Castroverde, Gabriel Rodríguez González, Gabi, segue a demostrar unhas dotes futbolísticas e humanas que o fan unha persoa moi querida dentro do vestiario. Tan sonados son na Veiga do Olmo os seus regates e recursos técnicos como as bromas que se trae cos compañeiros dentro do vestiario. Persoas alegres, divertidas e simpáticas como Gabi sempre son necesarias dentro dun equipo. 

1- Como chega o equipo a xornada de descanso?

O equipo chega ben, líderes despois do empate do Monterroso co Rio Sil. Por outra parte coincide ben xa que temos unha semana máis para recuperar a xente que está lesionada e poderá chegar o partido de Laxosa.

 

2- Que te levou a fichar pola SD?

A verdade e que fichar pola SD foi algo inesperado. Pódese dicir que os motivos polos que fichei foron 3. Por unha parte gardaba un moi bo recordo da miña anterior etapa en Castroverde. Por outra a opción de compartir vestiario con amigos como Rois, Gigán ou Fran tamén me animaba moito, e a todo isto hai que sumarlle que na SD volvo compartir vestiario con meu irmán, Tonci.

 

3- Como foi a túa adaptación ó equipo?

A adaptación foi moi boa. A xente que compón o Castroverde é excepcional. O día a día é unha gozada, nunca tes unha mala cara, unha mala palabra e iso a estos niveis é algo fundamental. Ó longo da semana estás esperando que chegue o domingo para xuntarte cos compañeiros e desfrutar do fútbol.

 

4- Cales son as claves para conseguir o ascenso?

Si gañamos todos os partidos ascendemos!! (risas). Eu creo que o ascenso vaise decidir nas últimas xornadas nas que hai enfrontamentos directos entre os equipos que estamos pelexando polo ascenso.

 

5- Que podemos esperar de Gabi no que queda de Liga?

Compromiso o 100% en cada partido. Vou pelexar ata o final para axudar ó equipo a conseguir os obxectivos marcados a principios de temporada. Esperemos que poida incrementar os meus números á hora de ver porta e acabar cunha cifra de goles máis elevada. 

 

1- O máis simpático: Tonci

 

2- O máis formal: Javi

 

3- O que me levaría de cañas: Rois

 

4- O máis bromista: Tonci

 

5- O líder: Richi