No primeiro partido do 2017 a S.D. Castroverde visitou o campo de San martiño para enfrontarse ó Quiroga. O partido comezaba cun equipo local moi intenso que tiña o control do partido pero sen xerar ocasións. Puido adiantarse o Castroverde en dúas ocasións por medio de Javi e de Manu, que mandaron fora dous rexeites do porteiro local. Sería o Quiroga o que se adiantaría logo dun balón longo as costas da defensa visitante. A peor noticia do partido chegaría pouco antes do descanso cando Iago chocou cun rival e na caída sufriu unha fractura de clavícula.
A volta dos vestiarios o Castroverde buscou o empate, tiña o control do partido, froito deste dominio Richard anotaba o empate, gol anulado por un dubidoso fora de xogo. Cando mellor estaba o equipo visitante, outro balón a espalda da defensa costáballe o segundo gol o Castroverde. A pesar disto os verdiblancos non baixaron os brazos, no minuto 80 un defensa local derriba a Gabi dentro da área. O arbitro sinalou penalti, Richard sería o encargado de transformalo e acurtar distancia no marcador. Pouco despois o colexiado volveu anularlle outro gol o Castroverde por fora de xogo, nesta ocasión obra de Diego, igual que o primeiro foi unha decisión moi protestada polo equipo visitante. A 5 minutos para o final o Quiroga rouba un balón en área rival e anota o 3-1 definitivo.
Con esta derrota perdemos o liderado e pasamos a ocupar a segunda posición, un punto por detrás do Monterroso e seis por encima do Rio Sil.