Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Vitoria axustada da S.D. Castroverde fronte a un Antas que nunca se deu por vencido. A pesar da diferencia na clasificación, o equipo visitante púxolle as cousas moi difíciles ao Castroverde. Empezaba o partido con ocasións para os locais pero sen conseguir materializar ningunha. No minuto 18, unha contra levada a perfección acaba co 1-0 obra de Manu López. Pouco despois o propio Manu anotaba o 2-0 o que facía presaxiar un partido fácil para o Castroverde. Nada máis lonxe da realidade, no minuto 40 o Antas consegue acurtar distancias logo dun balón colgado sobre a área local. 2 minutos máis tarde o equipo visitante pon o empate a 2 logo dunha falta lateral. Con este empate chegábamos ó descanso.

Na segunda parte o Castroverde saíu en tromba para tratar de conseguir os 3 puntos, logo de varias ocasións claras tanto a balón parado como en xogadas elaboradas, Gelo poñía o 3-2. O Antas que non se deu por vencido nunca conseguiría o empate 5 minutos máis tarde logo de levar un contragolpe perfectamente executado. O equipo local seguía co asedio a portería do Antas, non sería ata o minuto 67 cando Manu López faría o terceiro na súa conta particular o que suporía o 4-3 definitivo.

Con este resultado o Castroverde segue líder con 2 puntos de vantaxe sobre o Monterroso que vai segundo e 8 sobre o Portomarín e o Incio que van empatados a 23 puntos na terceira posición. A vindeira semana volvemos xogar na casa, visita a Veiga do Olmo o Portomarín, un equipo que está nunha dinámica moi positiva e de seguro nos poñerá as cousas moi difíciles.