Na súa primeira temporada na S.D. Castroverde, Manu López converteuse nun dos referentes ofensivos do equipo verdiblanco. Con 8 goles en 10 partidos é o cuarto xogador con máis goles marcados da categoría e o pichichi do equipo. Todos goles de dianteiro centro puro, estando onde hai que estar e cando hai que estar. Velocidade, potencia, traballo e sacrificio son os adxectivos que mellor definen a este rapaz.
1- Contabas marcar os goles que marcaches?
Non sei, contaba mais ben con ter moita participación no ataque e colaborar o máximo posible. Os goles foron chegando por moitas variables, como por exemplo, os bos pases que me daban, o traballo de non dar un balón por perdido ou en ocasións por fortuna.
2- Como te sentes na túa primeira temporada na S.D. Castroverde?
Síntome moi ben, paso xenial tanto nos adestramentos como nos partidos e desfruto do fútbol con compañeiros inmellorables.
3- Como esperas que sexa a segunda volta?
Espero que sexa igual ou mellor (si se pode) que a primeira. Vai ser difícil pero hai que seguir na liña na que estamos, conseguir o ascenso e incluso pelexar pola copa.
4- Cal é a clave para levar 9 vitorias en 11 partidos?
Eu penso que o traballo en xeral do equipo, defendemos ben, xogámola ben e acabamos con boas finalizacións. Creo que isto é tanto mérito dos xogadores como do adestrador de manternos a un bo nivel.
5- Que obxectivos persoais te marcas para o que queda de temporada?
Continuar aumentando o máximo posible ese número de goles porque iso quere dicir que estaremos máis cerca do obxectivo, e desfrutar ó máximo cada partido.
– O máis simpático: Richard
– O máis formal: Carlos Gemelo
– O que me levaría de cañas: Antonio
– O máis bromista: Pablo
– O líder: Marcos Gemelo