A velocidade é unha faceta moi prezada no fútbol, esa calidade xunto coa súa explosividad fan de Antonio un bo xogador. Desmarque tras desmarque sempre busca balóns en espazos libres donde xera moito máis perigo que recibindo en estático. A súa intensidade fai que ademais de xogar en banda tamén se poida desenvolver na punta do ataque, resultando un incordio para calquera defensa rival.
– A falta de un partido, como cualificarías a primeira volta da S.D. Castroverde?
Moi boa.
– Cal crees que é a clave para ser líderes?
A clave é que este ano estamos tendo máis facilidade para marcar gol. O ano pasado xogando igual de ben non conseguíamos marcar.
– Como prevés a segunda volta?
Espero que boa, fixemos algo importante na primeira e o obxectivo sería igualala ou mellorala para devolver o antes posible o Castroverde a segunda.
– Cales foron os rivais que máis che gustaron?
Monterroso B e Incio, xusto os dous rivais contra os que non puidemos conseguir os 3 puntos.
– Que obxectivos persoais te marcas para o que queda de temporada?
O obxectivo que me marco é axudar o máximo para que o Castroverde ascenda a segunda, para min sería perfecto.
-O máis simpatico: Tonci
-O máis formal: Javi
– O que me levaría de cañas: Manu López
– O máis bromista: Dani
– O líder: Marcos Gemelo