Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Partido no que nos enfrontamos ó segundo clasificado e estaba en xogo o liderato do grupo 9 da Terceira Galicia.

Arrincou o partido cun dominio total da S.D. Monteroso B con balóns longos e xogo directo o que lles valeu para xerar tres ocasións de gol moi claras. No minuto 22 unha internada de Carlos provoca un penalti máis que evidente que materializa Richard enganando o porteiro local. A partir dese momento a igualdade foi clara, un par de intervencións de Marcos na portería visitante recibían resposta por parte de Gelo cun tiro dende a frontal e de Manu cun gol anulado despois dunha boa xogada colectiva que remata ca asistencia dun incasable Tonci.

Na segunda metade cando mellor estaba o Castroverde chegou un fermoso gol de Jony para situar o empate a 1. A partir dese momento volveuse a equilibrar o partido e as defensas impuxéronse ós ataques.