Carlos Gemelo, o xogador máis desequilibrante do Castroverde e posiblemente de toda a categoría. Un pesadelo para todo lateral dereito. Moitos intentaron non caer nos seus caneos, nos seus amagos, nas súas fintas, pero e tarefa complicada. Ter un xogador que che garanta a loita no campo, o desequilibrio ofensivo e a xenerosidade de Carlos e vital para gañar partidos.
– Como ves o equipo esta temporada?
Veo ó equipo moi ben. Temos un grupo moi bo, con moi bo ambiente e estamos con moita confianza.
– Márcaste algunha cifra de goles a alcanzar esta temporada?
Non me marco ningunha cifra. Traballar para anotar os máximos posibles.
– Contabas que o equipo estivera na posición que está ó inicio da liga?
Polo equipo que temos si pero nunca se sabe. Empezamos gañando contra equipos difíciles e ese veunos moi ben para coller confianza.
– Cales son os mellores recordos que tes coa camiseta do Castroverde?
Mellores recordos, o ascenso a segunda e compartir vestiario con compañeiros xeniais todos estes anos.
– Que obxectivos persoais te marcas para esta temporada?
O obxectivo principal é axudar ó equipo e poder celebrar o ascenso.
O máis simpático: Pablo
O máis formal: Jesús
O que me levaría de cañas: Dani
O maís bromista: Tonci
O Líder: Richi