Importante vitoria da S.D. Castroverde fronte ó C.D: Guntín na Veiga do Olmo. Partido moi serio do equipo local que despregou un gran xogo combinatibo ó longo de todo o encontro. Na primeira metade as mellores ocasións chegaron a balón parado. O equipo visitante estaba ben plantado do terreo de xogo e non deixaba espazos na súa defensa. Manel no rexeite dunha falta e Javi nun remate de cabeza avisaban do perigo local. Non sería ata o minuto 33 cando Gabi enviaría ó fondo das mallas un balón morto ó borde da área logo dun saque de esquina. con 1-0 no marcador chegaríase ó descanso.
No inicio da segunda metade o Castroverde seguía mantendo o control do partido con posesións moi longas e finalizando todas as xogadas. Gelo en dúas ocasións e Manu poñían en apertos o porteiro visitante. Ós 15 minutos da segunda parte Richard recibe un balón dentro da área visitante e pon o 2 a 0 no marcador, o Castroverde empezaba a ver reflexada a súa superioridade no marcador. 10 minutos máis tarde sería Gelo o que acudiría a súa cita co gol para poñer terra de por medio e dar unha cómoda vantaxe o equipo local. Xa no tempo de desconto, unha falta lonxana sacada por Bruno é prolongada por Antón serviulle a Javi para poñer o 4 a 0 definitivo.