Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Logo da derrota fronte ao Incio, o Castroverde precisaba gañar en Becerrea para conservar o liderado. Comezou o partido con moita intensidade e sen ocasións claras. A medida que pasaban os minutos o equipo visitante facíase co control do partido e comezaban a chegar as ocasións, Javi enviaba ao longueiro un tiro dende fora da área, poucos minutos despois Richard facíalle lucirse o porteiro cun disparo perfectamente dirixido a escuadra esquerda, Diego tamén o tentaba dende fora da área pero sen acerto.

Non sería ata o minuto 33 cando Richard enviaría ao fondo das mallas un balón rexeitado na área local. Da mesma maneira, 6 minutos máis tarde Manu encontrábase cun balón na área pequena e subía o 0-2 o marcador. Con este resultado chegábase o descanso.

 

A volta dos vestiarios, o Castroverde seguía levando o control do partido pero sen conseguir aumentar a vantaxe no marcador ante un Becerrea moi ben armado defensivamente. No minuto 57 os locais quedaríanse cun home menos pola expulsión de Jony. 10 minutos máis tarde o Castroverde poñería a sentenza cun gol de Diego logo dunha boa xogada colectiva.

Con este resultado chegaríase o final do partido, tres puntos moi importantes que nos permiten seguir líderes.