Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Logo de 7 vitorias consecutivas chegou a primeira derrota para o Castroverde. O equipo local encontrouse cun Incio moi ordenado en defensa que non concedía ocasións claras de gol, aínda así no minuto 20 Javi rematou unha falta sacada por Marcos Gemelo, e que sería despexada por un defensa na mesma liña de gol. Pouco máis tarde Gelo enviaría un balón o longueiro logo dunha boa xogada combinativa do cadro local.

A pesar destas ocasións sería o Incio o que se adiantaría no marcador, no minuto 38 logo dunha segunda xogada nun córner o balón chegaríalle a Marcos na frontal da área, este enviaría o balón o pao que con moi mala fortuna rebota en Manel e acaba entrando na meta defendida por Rois. Con este resultado chegaríase o descanso.

A volta dos vestiarios o Incio seguía perfectamente ordenado en defensa sen conceder ocasións, o Castroverde tiña a posesión do balón pero non era capaz de xerar ocasións de gol. O perigo local chegaba a balón parado. O gardameta Castro, o mellor dos visitantes, sacoulle un remate de cabeza a Javi logo dun saque de esquina. Bruno rematou fora unha falta lateral sacada por Marcos Gemelo, xa contra o final do encontro chegaban malas novas para o equipo local, gelo era expulsado con cartón vermello directo por unha falta moi protestada polo Castroverde. No minuto 93 o Castroverde volveuse a encontrar con Castro, que detería un penalti.

A pesar da derrota a S.D. Castroverde segue líder con 2 puntos de vantaxe sobre o Monterroso, e 4 sobre o Quiroga que é terceiro con un partido máis.