A entrevista de hoxe é a un xogador de equipo, un xogador de vestiario, un xogador que sente como ninguén a S.D. Castroverde, hoxe entrevistamos a Mario Valiño. Na súa 5ª temporadas no Castroverde, é un dos xogadores máis queridos no vestiario, o seu carácter afable e solidario fan del un compañeiro magnífico. Destaca a facilidade que ten para golpear o balón con ambas pernas. Todo equipo debería ter un Mario no seu vestiario.
– Que prognóstico fas das 5 xornadas que quedan da primeira volta?
Hai que ser ambiciosos, esperemos conseguir as 5 vitorias para completar unha volta perfecta e ter máis preto o obxectivo do ascenso que nos marcamos a principios de temporada.
– Cales son os puntos fortes do equipo?
Diría que todo o equipo é forte. Temos a mellor portería do grupo, ata diría que é mellor que a maioría de equipos de superior categoría, unha defensa moi sólida, un medio do campo espectacular que leva a batuta dos partidos e a dianteira que nos deu un puntiño máis de intensidade.
– A principios de temporada contabas estar a estas alturas sen perder?
Non é doado levar 7 partidos sen perder ningún punto, pero era outro obxectivo que nos marcamos ó comezar, facer un bo inicio de temporada e acadar o ansiado ascenso canto antes.
– Cal foi para ti o mellor partido no que vai de temporada?
O do Quiroga na casa, partido moi serio dominando o partido de principio a fin e con moitas ocasións de gol, deixando ó rival sen practicamente ocasións.
– Que obxectivos persoais te marcas para esta temporada?
Axudar en todo o que poida ó equipo para conseguir o ascenso e facer un bo papel na copa, e si cae algún golin que outro benvido sexa.
O máis simpatico: Tonci
O máis formal: Carlos Gemelo
O que me levaría de cañas: Manel
O máis bromista: Dani
O Líder: Marcos Gemelo