Con tan so 22 anos, Manel Arrojo é un dos líderes da defensa verdiblanca. Destaca pola súa velocidade e a súa contundecia, o que fan del un seguro de vida para calquera porteiro. Esta é a segunda tempada consecutiva na S.D. Castroverde, xa que tamén estivera no equipo en idade xuvenil. A súa altura fai de Manel unha ameaza aérea para as defensas rivais nas xogadas a balón parado.
– Cal é a clave para seguir invitos despois de 7 xornadas?
Eu creo que o compromiso que está mostrando todo o equipo esta temporada está sendo clave para salir “enchufados” a todos os partidos, ademáis de que todo temos entre cella e cella volver canto antes a segunda autonómica. A tempada pasada foi un mazazo para todos e queremos resarcirnos o antes posible.
– Que sente un defensa sendo o equipo menos goleado do grupo?
Pois é unha sinal de que estamos facendo o traballo ben feito, non so os defensas, senón todo o equipo, empezando a presión na liña de ataque. Despois en defensa xa nos coñecemos todos moi ben e resúltanos fácil entendernos nos partidos. Tamén contamos cos dous mellores porteiros da categoría, que sen dúbida axudan moito.
– Despois do teu paso polo fútbol sala, como foi a readaptación ó fútbol campo?
O “gusanillo” do fútbol non o perdín nunca, sempre foi o que máis me gustou e cando podía xogar alguna pachanga aproveitaba. Tamén e verdade que o principio costoume algo colocarme no campo e coller algúns conceptos básico, algún que outro control co balón escapábase uns metros (risas).
– Cales son para ti as claves para acadar o ascenso?
Seguir con este compromiso que estamos tendo todos e saír en todos os partidos a morrer no campo para conseguir as vitorias. Todos sabemos que vai ser unha tempada dura e con partidos duros polo que temos que tratar de ter os mínimos erros posibles e seguir estando acertados de cara a portería.
– Que obxetivos persoais te marcas para esta tempada?
Primeiro hai que conseguir o ascenso como sexa, axudar o máximo nese obxetivo colectivo, no que de momento vamos ben encamiñados. Despois se chega algún que outro goliño, benvidos sexan. Xa levo un, a ver se en algún cornero u xogada a balón parado, gracias o meu bon xogo aéreo, podo mellorar os rexistros do ano pasado.
O máis simpático: Antón
O máis formal: Carlos Gemelo
O que me levaría de cañas: Mario
O máis bromista: Dani
O líder: Marcos Gemelo