Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Unha magnífica segunda parte permitiulle a S.D. Castroverde facerse cunha cómoda vitoria fronte a S.D. Paradela. Esta vitoria coloca o equipo verdiblanco como líder en solitario con cinco puntos de vantaxe e un partido menos sobre o terceiro clasificado.

O partido tivo dúas partes moi diferentes, a primeira moi disputada con un Paradela moi intenso e moi forte en defensa, o que impediu que o Castroverde despregara o fútbol combinativo polo que se caracteriza. Carlos no minuto 17, con un forte disparo dende fora da área, conseguiría o único gol da primeira parte. O equipo visitante creaba perigo con centros laterais e balóns as costas da defensa local, que se mostrou moi segura durante todo o encontro.

Nada máis arrancar a segunda parte, Marcos Gemelo colleu un balón en banda esquerda e logo de esquivar a 3 rivais mandaban o esférico ó pao da portería defendida por Eros. Isto era so un aviso, 2 minutos despois unha boa xogada do equipo local acaba co gol de Manu López, o sexto no que vai de competición. Non pasaran 4 minutos cando Carlos Gemelo canea ó seu defensor e asiste a Gelo para que poña o 3 a 0 no marcador. Sería o propio Carlos o que marcaría o 4 a 0 logo dunha saída en falso do porteiro visitante. Con este resultado chegou a noticia negativa da tarde, cando o colexiado lle mostra dúas tarxetas máis que dubidosas a Bruno en menos de 10 minutos.

 

A 5 minutos para o final o colexiado pita unha cesión moi protestada pola bancada local, o lanzamento acabaría co gol visitante, obra de Manuel. Xa no tempo de desconto Gabi anotaría o definitivo 5 a 1, con un disparo forte e cruzado imposible para o porteiro visitante.