O entrevistado de hoxe é posiblemente o xogador con mellor xogo aéreo da categoría, sonados son os seus testarazos na Veiga do Olmo. Bruno Prado López cumple a súa oitava tempada na S.D. Castroverde. Unha zurda prodixiosa e un rigor táctico ó alcance de poucos fan de Bruno un dos referentes da nosa zaga.
– Cal é a clave do bo inicio da S.D. Castroverde?
As ganas de resarcirnos da tempada anterior. O equipo tomouse moi en serio o obxectivo de volver a Segunda Autonómica e iso estase vendo reflexado nos partidos. A xente está moito máis implicada e queremos darlle esa alegría a aficción.
– Como valora un defensa coma ti levar máis de 200 minutos sen recibir un gol?
Sen dúbida é un dato para estar orgullosos. Somos unha defensa que xa levamos tempo xogando xuntos e complementámonos moi ben. Así e moito máis sinxelo non encaixar goles e se a iso lle sumamos un porteiro de calidade como Marcos non sería de estrañar que as cifras aumentasen nas vindeiras xornadas.
– Como afronta o equipo os seguintes 3 partidos contra rivais directos?
Con moitas ganas e ilusión. Vimos dunha xeira de resultados inmellorable e esperamos seguir igual. Neste tramo de liga vaise ver de verdade que equipos van pelexar por estar arriba e por suposto vamos dar todo o que temos por ser un deles.
– Cal é para ti o equipo revelación neste inicio de competición e quen son os teus favoritos para o ascenso?
Máis que revelación vexo equipos que de primeiras ó mellor non son favoritos para estar arriba pero, como por exemplo o Laxosa, son equipos físicos ós que custa gañarlles. Como favoritos ó ascenso vexo moi fortes ó Monterroso e ó Rio Sil. Sen dúbida van pelexar ata o final con nós por acadar o obxectivo.
– Que obxectivos persoais te marcas esta temporada?
O mesmo de tódolos anos, aportar sempre o máximo ó equipo e mellorar día a día, e se volvo a marcar outro gol esta temporada moito mellor (risas)
O máis simpático: Richi
O máis formal: Javi
O que me levaría de cañas: Dani
O máis bromista: Tonci
O líder: Marcos Gemelo