Na visita ó anexo de Cerdeiriños, onde xoga como local o Relámpago Taboada, a S.D. Castroverde fíxose cunha cómoda vitoria ante un equipo recen formado.
Ós 6 minutos de comezar o encontro, Gelo anotaba un gol olímpico. Un perfecto lanzamento con perna zurda do 7 do Castroverde, poñía por diante ó equipo visitante.
No minuto 12, sería Richard o que enviaría ó fondo das mallas un centro de Manu López, 6 minutos máis tarde, Manel anotaría o 0-3 a saída dun córner. No 23 Manu Penado bate o porteiro rival cun disparo raso pegado ó pao dereito. Co 0-4 no marcador produciuse a noticia triste da xornada, Manu López sufriu unha lesión no seu cóbado esquerdo, o que lle impediu seguir no partido. Transcorría o minuto 33 cando Gelo anotaba dende fora da área cun lanzamento perfecto axustado ó pao esquerdo da portería local.
Antes de chegar o descanso anotarían Richard, despois dunha boa asistencia de Antón, e Bruno, de falta directa.
A segunda parte, cun ritmo inferior a primeira, serviu para que Antón, Jesús e Dani marcaran o seu primeiro gol coa S.D. Castroverde. Antón marcou logo de coller o rexeite do porteiro nun tiro de Gelo.
Jesús culminaba unha boa xogada trenzada no minuto 53 e anotaba o 0-9. A 2 minutos para o final o colexiado sinalou un claro penalti a favor do equipo visitante, o encargado de transformar a pena máxima foi Dani, que con un forte disparo a escadra esquerda poñía o 0-10 final.