Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Despois dunha temporada marcada polas lesións, Antón Rodríguez González «Tonci», afronta a súa segunda temporada na S.D. Castroverde con ganas de demostrar no campo todo o seu potencial futbolístico. Non so destaca polo seu fondo físico e as súas internadas pola banda, o seu carácter alegre e divertido fan do lateral de Triabá un dos principais animadores do vestiario. Boa mostra disto é que en entrevistas anteriores os compañeiros non dubidaron en sinalalo como un dos máis simpáticos e bromistas. 

 

– Como valoras o inicio de liga do Castroverde?

O inicio desta temporada vexo bo debido a que levamos 4 partidos sumando de 3 en 3, e iso quere dicir que estamos nun bo momento. Hai que seguir así nos vindeiros partidos contra rivais directos como Rios Sil ou Paradela, que polos resultados obtidos son dos máis fortes da liga.

 

– Que te sentes dentro do equipo?

Dentro do equipo síntome moi ben, xenial, estou moi a gusto rodeado destes compañeiros. Temos un bo grupo e o “rollo”que hai dentro do vestiario gústame e é unha cousa que realmente aprecio.

 

– Como levas o de que te consideren dos máis bromistas e simpáticos?

(risas) A verdade e que sempre estou de risas, por unha parte síntome orgulloso porque unha broma sempre que sexa de bo gusto está ben facela, e así o ambiente tamén é moito máis agradable. Teño que resaltar que este ano faltan dous grandes nisto das bromas, son os míticos Iago Castro e Aitor, ambos os dous eran uns cracks.

 

– Cales son os rivais máis fortes e cales son as claves para acadar os obxectivos desta temporada?

Polo que vin ata o de agora para min un dos rivais máis fortes é o Portomarín, custounos gañar ese partido e polo que vin ten un bo equipo. Máis adiante, cos novos enfrontamentos poderei dicir máis, pero de momento o Portomarín. A hora de resultados tanto Monterroso B, Paradela como Rio Sil tamén están moi ben. As principais claves para acadar o obxectivo do ascenso son saír en todos os partidos a tope, non se sabe nunca onde se vai fallar, estar ben física e animicamente, apoiándonos uns os outros, e por último gozar do fútbol que impartimos

 

– Que obxectivos persoais te marcas esta temporada?

Os meus obxectivos persoais este ano son, en primeiro lugar non mancarme, recordo que o ano pasado manqueime e estiven apartado uns cantos partidos. Despois eu o que quero é apoiar ao máximo ao equipo e dar todo o que poida para darlle unha boa nova a nosa afección que é cojonuda.

 

 

O máis simpático: Marcos Gemelo

 

O máis formal: Javi

 

O que me levaría de cañas: Iago

 

O máis bromista: Dani

 

O lider: Richi