32 goles as súas espaldas nas dúas útimas tempadas, 3º capitán, 10 tempadas no club, xogador referencia nas categorías aficcionadas do fútbol rexional. Estamos a falar do sempiterno Ángel Cabado «Gelo». Unha zurda de ouro que fai as delicias nas bancadas da Veiga do Olmo.
– Como ves o équipo neste inicio de competición?
Vexo o equipo moi animado e con moitas ganas sobre todo despois das 2 primeiras victorias ante rivais chamados a estar arriba. E verte primeiro na clasificación da moito ánimo.
– Que obxectivos te marcas para este ano?
O obxetivo sen duda é axudar ao equipo a lograr o ascenso, e xa postos pois gañar a Liga, a festa sería completa.
– Como afronta o equipo a xornada de descanso logo de tres victorias consecutivas?
Afrontámola ilusionados, non se podía empezar mellor, temos que seguir adestrando duro como ata o de agora.
– Recordas algún partido con especial alegría?
O partido con máis alegría sen dúbida foi cando logramos o ascenso a segunda fai 8 temporadas contra o Oural. Espero poder repetir ese momento este ano.
– Que é o que máis che gusta do equipo?
O que máis me gusta é o bon rollo que hai entre todos, somos un grupo de amigos.
O máis simpático: Richi
O máis formal: Javi
O que me levaría de cañas: Richi
O máis bromista: Os irmáns Tonci e Gabi
Líder: Richi