Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

No segundo partido lonxe da Veiga do Olmo a S.D. Castroverde visitou o Municipal de Santa Eulalia de Pradeda. As dimensións do terreo de xogo facían presaxiar un partido disputado e difícil para a Esedé, que se desenvolve moito mellor en campos grandes.

Arrancaba o partido con dominio por parte do equipo visitante, a primeira ocasión chegaría no minuto 10 cando un disparo de Diego dende o borde da área sairía ao carón do pao dereito da portería defendida por Diego Castro.

A pesar de que o Castroverde se volcaba sobre a portería local, sería o Pradeda quen se adiantaría no marcador. No minuto 20 Marcos Arias derriba o dianteiro local dentro da área e Diego Carreira non perdoa dende os once metros. Tocaba remontar o partido igual que na visita ao Chao da Poza. Antes de chegar o tempo de lecer o colexiado anularíalle un tanto a Richard despois dun fora de xogo moi protestado polo equipo visitante.

Á volta dos vestiarios a tónica do partido seguía sendo a mesma, asedio por parte da Esedé que non conseguía materializar ninguna ocasión. Non sería ata o minuto 63 cando Marcos Gemelo transformaría unha pena máxima cometida sobre seu irmán Carlos.

 

O Castroverde seguía xerando ocasións de gol, Gabi logo de ingresar no terreo de xogo probaría o porteiro dende 25 metros, obrigando a este a facer unha boa estirada para enviar o esférico a corner. Gelo, Manu López e Richard tamén probaban o porteiro local, pero non sería ata o minuto 80 cando Marcos Gemelo despois dunha boa acción por banda serviría un centro perfecto que Gabi enviou o fondo das mallas. Nos 10 minutos restantes a Esedé aguantou as acometidas locais, para sumar tres puntos que lle permiten colocarse como líder en solitario antes da xornada de descanso para o equipo verdiblanco.