Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Despois de 6 temporadas na S.D. Castroverde Daniel Novo Fernández «Dani», é un dos principais piares dentro do

vestiario da Esedé. Nativo de Castroverde, este lateral con amplo recorrido caracterízase polo seu carácter afable

e o seu compromiso co equipo.

 

– Como ves o equipo neste inicio de competición?

Vexo a todo o equipo con unha forte decisión e compromiso por acadar os obxectivos marcados.

 

– Que obxectivos te marcas para este ano?

Os mesmos que todos os anos, aportar o máximo ao equipo tanto dentro como fora do campo.

 

– Como afronta o equipo o próximo partido contra o Pradeda?

Igual que os dous anteriores, con moita seriedade e sabendo da importancia de seguir gañando.

 

– Recordas algún partido con especial alegría?

Saes en todos a desfrutalos e coa intención de gañar. Todos os partidos coa Esedé son especiais.

 

– Que é o que máis che gusta do equipo?

Sen dúbida o mellor do equipo é o bo ambiente que temos dentro do vestiario e a complicidade que temos.

 


 

O máis simpático? Tonci

 

O máis formal? Carlos Gemelo

 

O que me levaría de festa? Marcos Gemelo

 

O máis bromista? Pablo

 

O Líder? Richard