Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

guntin

Mala tarde na Veiga do Olmo, tanto pola néboa coma polo resultado. O xogo púxoo o Castroverde, tocando en corto e chegando polas bandas. Nembargantes, o Guntín adicouse a defenderse e saír á contra.

Os goles chegaron en xogadas rotas, o primeiro no último minuto da primeira parte, nun tiro cruzado dentro da área. A SD tentouno sen descanso, pero os visitantes anotaron con facilidades á contra, chegando ó 0-4 final.

guntin1

guntin2