Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

chantadab

O Castroverde puxo o xogo e os goles, dominando a un Chantada B que só inquedaba a meta local a balón parado. As ocasións máis claras dos visitantes foron un remate de cabeza ó longueiro e un mal rexeite da defensa que tamén deu no pau. O resto do encontro mandaron os locais, e tamén por dúas veces os paus interpuxéronse cara o gol. Gelo no minuto 8 de volea marcaba o primeiro do Castroverde, e Carlos desde fora da área por baixo poñía o definitivo 2 a cero no marcador.

O domingo que ven toca visitar Rubián, outro enfrentamento cos equipos da parte alta da táboa.